Castellano            Inicio

 

Somos

O noso produto

Historia do pemento

O pemento de Herbón-Padrón

Proceso de cultivo

Receitas

Calidade

Denominación de orixe

Distribuidores

Novas

Galería de imaxes

Pedidos

Contacto

 

 

 

 "Os pementos de Padrón uns pican e outros non"

 

 

Calidade

 

Aínda que a calidade final do noso produto de I categoria  decídese  en cada un dos pasos que damos durante o ano, na S.A.T. A Pementeira facemos que o proceso que nos leve a comercializar os mellores pementos non remate coa recollida dos mesmos, repercutindo na nosa filosofía de vida de vivir da agricultura.

 

Por iso, na nosa nave de envasado, onde se cumpren todas as condicións hixiénicas, sanitarias e de trazabilidade que nos foron marcadas, escollemos manualmente aqueles pementos que cumpren os requisitos de calidade que nos autoesiximos. Desbotamos así aqueles que, polas súas características, consideramos que poderían ser excesivamente picantes e, ao mesmo tempo, limpamos axeitadamente o produto a granel  para eliminar as posibles flores que puideron quedar pegadas ao froito, follas, rabos rotos, …etc.

 

O envasado dos pementos, en bolsas individuais -400 gramos- que permiten a osixenación do produto, así como o transporte ata os puntos de venta, garanten en todo momento a boa conservación da mercancía ao longo dun proceso que A Pementeira coida e vixía desde a horta ata o cliente.

 

Como empresa produtora pretendemos traballar cun sistema de xestión de calidade que se está a implantar, dacordo cos socios e socias da S.A.T.

 

Sen esquecernos da garantía que nos ofrecen as décadas que a xente leva dedicada á horta, a esa tradición do cultivo do pemento que fixo deste o que hoxe en día é un produto cunha variedade específica, con caracterización organoléptica e cunhas características físico-químicas  propias,  apreciado por quen o coñece, e famoso polo mundo enteiro.