Castellano            Inicio

 

Somos

O noso produto

Historia do pemento

O pemento de Herbón-Padrón

Proceso de cultivo

Receitas

Calidade

Denominación de orixe

Distribuidores

Novas

Galería de imaxes

Pedidos

Contacto

 

 

 

 "Os pementos de Padrón uns pican e outros non"

 

 

Denominación de orixe

 

O “Pemento de Herbón” obtivo o recoñecemento como Denominación de Orixe Protexida pola Orde da Consellería do Medio Rural do 1 de xullo de 2009 pola que se aproba o seu Regulamento e se nomea o Consello Regulador Provisional.

A súa inscrición no Rexistro de Denominacións de Orixe Protexidas e de Indicacións Xeográficas Protexidas tivo lugar en virtude do Regulamento (UE) Nº 700/2010 da Comisión do 4 de agosto de 2010.

 

Os Pementos de Herbón de A Pementeira caracterízanse pola súa orixe certificada e a súa elaboración esmerada, ademais de que están acollidos á DOP "Pemento de Herbón". Por iso debemos asegurarnos de que os envases que adquirimos levan visibles o logotipo da Denominación e unha contraetiqueta numerada proporcionada polo Consello Regulador.