Castellano            Inicio

 

Somos

O noso produto

Historia do pemento

O pemento de Herbón-Padrón

Proceso de cultivo

Receitas

Calidade

Denominación de orixe

Distribuidores

Novas

Galería de imaxes

Pedidos

Contacto

 

 

 

 "Os pementos de Padrón uns pican e outros non"

 

 

Distribuidores

 

Inicialmente nós, os socios e socias da S.A.T. A Pementeira, somos os distribuidores principais da nosa mercancía. Cada socio e socia comercializa o seu propio pemento.

 

Para que che resulte máis doado atopar os nosos pementos, estamos a traballar nunha  listaxe dos principais puntos de distribución de A Pementeira dentro e fóra de Galicia.

 

Lembra que tamén podes facer os teus pedidos non só desde o apartado PEDIDOS da web, senón tamén a través dos teléfonos 981811318 ou 651650551 ou enviándonos un correo electrónico a info@apementeira.com.

 

Si ven, que non deixamos de lado a tradición de ir á praza a vender o noso propio produto, porque  para nós é moi importante o contacto directo co cliente e co consumidor final, sendo as prazas de abastos e as feiras e mercados de Galicia o punto principal da nosa distribución.

 

Principalmente, atoparasnos nos  mercados máis próximos do ámbito xeográfico ao que pertence o

Concello de Padrón, aos que non faltamos nas prazas e feiras.  ¡Buscádenos !   

 

Prazas de abastos:

  • Praza de Abastos do Concello de Padrón

  • Praza de Abastos do Concello de Santiago de Compostela

  • Praza de Abastos do Concello de Vilagarcía

  • Praza de Abastos do Concello da Estrada

  • Praza de Abastos de Concello de Boiro

  • Praza de Abastos de Pontevedra

  • Praza de Abastos de Noia

 

Feiras ou mercados:

  • Padrón: Tódolos Domingos do ano pola mañá.

  • Santiago: Tódolos Xoves do ano pola mañá.

  • A Estrada: Tódolos Mércores do ano pola mañá, Sábados no Mercadillo.

  • PaioSaco: Domingo alterno con Carballo.

  • Carballo: Domingo alterno con PaioSaco.

  • Santa Comba: Tódolos Xoves do ano pola mañá.

  • Ribeira: Tódolos Sábados do ano pola mañá.

  • Pobra do Caramiñal: Tódolos Mércores do ano pola mañá.

  • Ames: Tódolos Sábados do ano pola tarde.

  • Vilagarcía: Tódolos Sábados e Martes do ano pola mañá.

  • Noia: Tódolos Domingos e Xoves do ano pola mañá.

  • Negreira: Tódolos Domingos do ano pola mañá.

 

Pequenas tendas de comestibles e froiterías

  • En toda Galicia e outros puntos de España.

 

Áreas comerciais:

  • En toda Galicia e outros puntos de España.

 

Tamén no extranxeiro:

Nun futuro próximo implantaremos un sistema para que poidas saber o lugar máis cercano á túa vivenda ónde poidas mercar o noso produto: o pemento de Herbón.

Mentras tanto, se estes lugares non se che axeitan para poder comprar os pementos de Herbón, podes facer o teu pedido no apartado de PEDIDOS do menú.

   

[SUBIR ARRIBA]