|
Os
pementos chegaron a estas terras, procedentes da
América do sur (México probablemente aínda que a
orixe da pementeira se sitúa na área central de
Bolivia), a finais do século XVI ou comezos do XVII,
da man de misioneiros franciscanos que se instalaron
no Convento de Herbón. A finais do século XVIII a
produción e comercio de pemento seco e moído xa se
convertera nunha importante fonte de ingresos para
os veciños e veciñas da zona.
Cos
anos e coidados, esta especie foise adaptando á
climatoloxía e ao chan dos vales dos ríos Ulla e Sar,
cunha adaptación que deu lugar ao que hoxe coñecemos
como Pementos de Herbón ou Padrón, máis pequenos que
aqueles que viñeran das Américas pero cun sabor máis
intenso e menos picante.
Segundo datos da Consellaría de Medio Rural, en
Padrón existen hoxe arredor de 14 hectáreas de
invernadoiros destinados ao cultivo do pemento,
superficie á que hai que sumar unhas 20 hectáreas ao
aire libre. A produción total podería alcanzar 1,3
millóns de quilos.
Herbón:
O
nome que determina a denominación “Herbón”, é o
topónimo da Parroquia, pertencente ao Concello de
Padrón. Esta entidade poblacional, Herbón, é onde
está situado o mosteiro ao que se vincula a
introducción deste pemento procedente das Américas.
Herbón é unha aldea pequena, rural dedicada á
agricultura. A poboación de Herbón leva séculos
traballando e mimando as súas hortas cos diferentes
cultivos que aquí se traballan. É dicir, que falar
dos Pementos de Herbón é falar das xentes que os
cultivan, ofrecendo unha garantía de tradición e
cultura da horta galega.
O Pemento de Herbón:
Cultívase desde tempos inmemoriais para nós, polos
agricultores da zona de Herbón, pasando de
xeneración en xeneración. Dicir, que cada rama
familiar ou casa posúe a súa propia semente.
Mediante as prácticas ancestrais dos agricultores
locais mantendo e seleccionando as mellores plantas,
e adaptando as técnicas de producción ás condiccións
do val do Ulla e Sar. Ofrecendo como resultado un
producto extraordinariamente ligado ao medio e
cunhas excelentes cualidades culinarias.
O
pemento encóntrase nestes vales, do Sar e Ulla cas
condicións edafolóxicas e climáticas idóneas,
adaptándose moi ben o seu cultivo ás pequeñas
explotacións esistentes.
As
suaves temperaturas e as escasas oscilacións
térmicas, así como os solos da zona, inciden de
maneira directa nestas características morfolóxicas
e organolépticas, e particularmente sobre a cor, o
brillo, a relación entre o peso do froito e o da
semente, e o máis fundamental: o baixo nivel de
capsicina presente nos tecidos do froito. Destaca
fundamentalmente a esixencia do produto de man de
obra para o seu cultivo.
Os Outros
pementos: En
Galicia,existen e cultivanse tamén outros ecotipos
de pementos.
O día grande do pemento:
A Festa
do Pemento de Herbón
leva celebrándose ininterrompidamente desde 1978,
polo que alcanzou xa a súa XXX edición. Cada
primeiro sábado de agosto os veciños e
veciñas da parroquia friten centos de quilos de
pementos para os/as turistas que se achegan ata a
carballeira do convento franciscano de Herbón. A
degustación gratuíta dos nosos pementos, acompañados
de pan de millo; a procesión de tractores
engalanados e as actuacións musicais son os
principais reclamos dunha celebración que en outubro
do 2002 acadou o recoñecemento de Festa de Interese
Turístico.
Existe
unha Orden do Pemento de Herbón, e os seus
cabaleiros e donas deben realizar o seu xuramento:
“Xuramento dos Cabaleiros e Donas da Orden”: xuran e
prometen que comerán sempre os auténticos pementos
de Herbón-Padrón e os defenderán e promocionarán aló
onde vaian.
Desde a S.A.T. A Pementeira convidámosvos a vir a
Herbón na próxima edición que se realice da nosa
festa. ¡ Ese día todos e todas somos
pementeiros e pementeiras!

Festa do pemento de Herbón
|