|
O produto:
Os pementos de Herbón son froitos da familia da
solanácea, especie Capsicum annuun, L, considerada a
variedade comercial “Padrón”, sendo os ecotipos
locais deste pemento os que se producen na SAT A
Pementeira.
O Pemento
de Herbón é un producto da Horta Galega, un producto
de calidade dado que non hai dúbida do seu sabor e
textura que o fan diferente.
O xenuino
Pemento de Herbón é un producto de máxima calidade. Os
cultivadores do Ulla e o Sar apostamos pola venta
directa nos mercados, tendas especializadas e restauración, incluindo ao consumidor final.
Características do produto:
As características do pemento de Herbón son as
seguintes:
|
-Sección lonxitudinal cónica ou trocónica,
-Lixeiramente rugoso
-Marcando no ápice tres ou catro
lóculos
-Peso entre 2 e 4,5 gramos por unidade
-Lonxitude do froito: entre 3 e 5 cm.
-Diámetro na base de 1,5 a 2 cm.
-Lonxitude do pedúnculo entre 3,5
e 6 cm.
-Pel de cor verde brillante.
-Espesor da parede ou carne do
froito: 1,5 mm aproximadamente.
-Relación peso do froito / peso da
semente: 3,2 do valor medio.
-Sabor
característico, podendo ser lixeiramente
picante segundo as condicións
climáticas e factores ambientais.
|
 |
O pemento
trátase dun produto perecedeiro con características
morfolóxicas e organolépticas que poden alterarse
sensiblemente nun corto espazo de tempo.
Zona xeográfica:
A zona
xeográfica e de producción localízase
fundamentalmente no val do Ulla e Sar, determinase
polos seguintes Concellos: Padrón, Dodro, Rois,
Pontecesures e Valga. Sendo coincidente coa zona de
producción tamén a do acondicionamento e envasado.
O prezo
do Pemento de Herbón:
Falamos do
pemento de Herbón de I Categoría. Recollidos e
seleccionados a man.
Os
primeiros pementos saen ao mercado no mes de
Maio cun prezo de 8, 7 ou 6 euros a
bolsa de 400 grs. (aproximadamente un cento). Depéndese da cantidade de
produción nese momento, pois estase nas mans da
climatoloxía. Logo, poden chegar a 2 ou 1,50 euros
en pleno verán, volvendo a ascender, cando estes
escasean a finais do mesmo, ata o mes de outubro na
que se fai a recollida dos últimos pementos.
Incluso, excepcionalmente se poden cultivar ata
novembro, sempre e cando o tempo acompañe.
A Planta e o froito:
A planta
dos pementos vén determinada por un metro escaso de
altura ao aire libre e pode chegar a alcanzar os 2
metros no invernadoiro. Ten abundante rama que fai
que a recollida sexa dificultosa para atopar os
froitos tamén verdes.
A
autenticidade e o sabor do froito son os que o definen.
As propiedades:
Posúe as
mesmas características que outras hortalizas
frescas, destaca como compoñente principal a auga.
Considérase cun valor nutritivo similar ao pemento
verde. Con vitaminas e minerais. Crudos son unha
fonte excelente de vitamina C. Destaca o contido en
provitamina A ou betacaroteno, folatos e vitamina E.
Nutrintes con atribuídas propiedades antioxidantes.
Tamén conteñen potasio e magnesio.
Hai
diferentes estudios científicos que recollen estes
datos, de todos modos, consultar con especialistas. Nós facemos unha visión xeral das propiedades que posúen.
|