Castellano            Inicio

 

Somos

O noso produto

Historia do pemento

O pemento de Herbón-Padrón

Proceso de cultivo

Receitas

Calidade

Denominación de orixe

Distribuidores

Novas

Galería de imaxes

Pedidos

Contacto

 

 

 

 "Os pementos de Padrón uns pican e outros non"

 

 

Os pementos de Herbón, uns pican e outros non

 

Aínda que a clave do éxito dos pementos de Herbón é sen dúbida o seu sabor, o factor sorpresa que temos en cada un deles converteuse, hoxe por hoxe, noutra das súas marcas de identidade.

 

A explicación de porque pican témola na acumulación que se produce, a medida que madura o froito, dunha sustancia chamada capsaicina. Entre os motivos que explican o seu incremento, e polo tanto o feito de que os pementos piquen, algúns estudos demostraron que a temperaturas moi elevadas, o estres hídrico das plantas debido á falta de auga ou prolongar en exceso a estadía dos froitos na planta son factores que poden influír, así como outros factores ambientais e de cultivo.

 

Á marxe disto, son moitas as persoas que se senten atraídas por algo que para as pementeiras e  os pementeiros de Herbón é unha tarefa máis do noso traballo diario: escoller os Pementos.

 

O feito de que, independentemente da nosa idade, medrásemos entre pementos explica que, diante dun cesto, poidamos identificar coa vista, o olor ou o tacto aqueles que ‘poderían picar’. Tamén sabemos escoller entre os que pican pouco e moito, pera leva o seu tempo, e existe unha marxe de erro humano.

 

O tamaño, o brillo, a intensidade da cor, o tacto, a morfoloxía... son algúns dos factores nos que reparamos á hora de desfacernos daqueles pementos que ‘levantan sospeitas’.

 

Con todo, non existe unha fórmula exacta e a nosa marxe de erro, que lóxicamente existe, é a que converte cada prato, ademais de nun delicioso bocado, nunha aventura fiel ao noso dito máis internacional. E iso é o que os fai únicos e diferentes!  ¡ Auténticos !

Tomade nota

Se probas  un pemento picante, os líquidos, salvo o leite, non van aliviar esa sensación, xa que a capsaicina non é soluble en auga. Os expertos recomendan pola contra as graxas ou o azucre así que ... seguide comendo, é a solución máis axeitada.

 

E unha curiosidade

Os froitos do xénero capsicum, como é o caso, conteñen capsaicina. Especúlase que para a propia planta esta sustancia podería funcionar como un sistema de defensa contra os insectos ou algunhas aves.

   

[SUBIR ARRIBA]