Castellano            Inicio

 

Somos

O noso produto

Historia do pemento

O pemento de Herbón-Padrón

Proceso de cultivo

Receitas

Calidade

Denominación de orixe

Distribuidores

Novas

Galería de imaxes

Pedidos

Contacto

 

 

 

 "Os pementos de Padrón uns pican e outros non"

 

Proceso de cultivo

 

O cultivo:

 

Aínda que a época na que podemos atopar no mercado os auténticos  Pementos de Herbón vai normalmente de maio a novembro (reducíndose de xuño a outubro se o cultivo é ao aire libre), o traballo dos socios e socias da S.A.T. A Pementeira esténdese ao longo de todo o ano:, iníciase coa selección da nova semente,  continua co cultivo dos semilleiros e finaliza coa recollida. Así, aínda non rematada unha temporada de colleita, comezan xa os labores necesarios para obter bos resultados na seguinte.

 

Os agricultores cultivan con moito mimo, un pemento único e difícil de cultivar.

Este  cultivo realízase mediante variedades específicas, producindo Pementos cunha caracterización organoléptica e unas características físico-químicas ligadas a Zona de Producción como o clima, a auga, o tipo de solo.  A condición esencial  vén determinada porque é unha  planta solanácea, que precisa o  sol, pero non a calor intensa, se a climatoloxía é axeitada o pemento é inmellorable.

 

 

A grandes trazos o ciclo do pemento sería o seguinte:

1. A obtención da semente, extraída dos propios Pementos de Herbón, é o primeiro paso. Extráese manualmente a semente da que nacerá a nova colleita, esta é un labor de nivel alto de cualificación, baseado na experiencia e nos coidados especiais.

 

2. O seguinte paso, indispensable para unha boa conservación, é secar a semente para que perda a súa humidade.  En función de se é posible conseguir condicións óptimas, o proceso pode durar entre 2 e 4 días.Pero fundamental para a súa boa conservación, por iso o máis recomendable é gardala axeitadamente  para a próxima campaña de pementos. 

 

3. O último mes do ano é a época elixida para preparar a terra e facer os sementeiros, que nesta zona chamamos tallóns. Neles, medrarán as novas pementeiras ata que alcancen o tamaño e a forza necesarias para ser transplantadas. En xeral, a planta do Pemento de Herbón- Padrón vai en raíz descuberta. 

 

4. A viaxe dos tallóns á terra, que xa descansou e se atopa debidamente acondicionada, vai depender de se o cultivo é ao aire libre ou baixo cuberta. Así, se transplantamos a un invernadoiro escolleremos os meses de  xaneiro, febreiro, marzo ou abril -unha vez que pasamos as xeadas máis fortes do inverno-, mentres que se o facemos en aire libre, escolleremos preferentemente os de maio e xuño.

 

A densidade da plantación no invernadoiro rolda as 3-4 plantas por metro cadrado, mentres que ao aire libre adoita ser dunhas 8-10.

 

5. Despois de todo isto, o incremento da temperatura nos meses estivais, a regularidade do regado e uns coidados axeitados farán o resto.

 

6. Chegada a nova colleita, o traballo das pementeiras e pementeiros de Herbón será constante ata o regreso do seguinte inverno. Así, desde as primeiras horas da mañá, as hortas e invernadoiros da zona reciben a visita de mans ansiosas que buscan nun mar de follas, camuflados no verde, os seus pequenos tesouros. 

 

A recollida realízase no momento no que os caracteres físicos, químicos e organolécticos se axustan aos valores óptimos. En condicións climáticas normais para os meses de verán isto adoita producirse cada 2  3 días  ou ata 4 días.

 

Para apañar os pementos, como nos dicimos, emprégase o mandil como apeiro de traballo. Trátase dunha tea grande que se ata á cintura e que chega ata os pés. Unha vez suxeito na parte superior, cóllense as puntas inferiores da tea e átanse unha coa outra na parte de atrás, á altura dos cadrís. Créase así unha pequena bolsa de tea na que se van recollendo os pementos ata que o peso do mandil obriga a descargar o peso nun cesto ou caixa. Alixeirada a carga... volta ao rego!  (Ver a imaxe do mandil na galería de imaxes)

 

A selección manual:

 

Nesta fase do proceso está a esencia do Pemento de Herbón- Padrón, pois é realizada polos  agricultores cos cinco sentidos; o tacto, a  vista, o oido,  o olfato e o gusto.

A selección manual vén determinada fundamentalmente polo tacto e a vista dun bo profesional pementeiro/a, aínda que tamén influén os  outros sentidos en casos puntuais.

  Fundamentalmente  o tacto e a vista, porque ao  recoller  e seleccionar os pementos  facemolo  manualmente e visualmente, logo xa nunha selección máis estricta de dubida pasamos o oido, se cruxen moito, desbotamolos, e finalmente co olor se estes ulen moito a picante, estes pasan polo sentido final o gusto,  por último probándoos( freímos uns poucos, para asegurarnos da súa calidade).

 

Xa cando se realiza a recollida vanse desbotando os pementos que non serven, os que non se axeitan ao noso nivel de calidade. Logo, na descarga realízanse outra selección máis exhaustiva, con calma, na mesa de selección, límpase de follas, restos de rabos rotos, flores, etc.

Quedando só os Pementos de I Categoría, que xa se levan ó envasado, ou o mercado directamente.

 

 

O envasado:

 

O envasado dos pementos dos socios/as produtores/as, cumpre e garante a trazabilidade, asegurando un control, mantendo os caracteres típicos do  “ Pemento de Herbón” para salvagardar a calidade deste, cumprindo coa zona xeográfica delimitada tal como a nosa agrupación establece. Protexendo así as características particulares do noso pemento.

 

 

Nave de envasado de A Pementeira

 

 

A presentación dos envases :

 

Debido os cambios de mercado, o noso produto, precisa de diversos envases, tendo en conta que un cento, ten aproximadamente uns 380 gramos na recollida óptima do Pemento de Herbón-Padrón.

-A Bolsa da Nave de Envasado: Vai impreso o noso Logo, as características do produto, lote, código de barras,  e a  receita tradicional.

 

-A Bolsa da Praza: Bolsa manual:  debido a que aínda ímos vender como produtores -vendedores ás diferentes prazas dos mercados galegos, o produto vai a granel nos cestos, e  envásase no  propio mercado, tamén  inclúe as características do produto.

 

-A Bolsa para  a Restauración: esta bolsa é  de asas e ten unha capacidade aproximada  de  5 kgs ou dez centos.

 

-Os envases Contenedores: O noso produto vai ao mercado en cestos ou caixas alimenticias, xa sexan éstas de plástico ou cartón. Os envíos por transporte fanse en caixas expresas  para elo, para chegar ao consumidor final.

 

 

 

 

Tamén estamos abertos a realizar e utilizar novos e innovadores envases adecuados  ao noso pemento.

 

 

A comercialización:

 

Do campo ao mercado” no mínimo tempo posible.

Do produtor ao consumidor”, son lemas que reflicten a nosa filosofía de vida. Gústanos que o consumidor aprecie o noso traballo por cultivar a terra e vivir dela.

 

O feito de que o pemento sexa un produto perecedeiro fai que se alteren sensiblemente nun corto espazo de tempo as súas características morfolóxicas e organolépticas, polo que os desprazamentos e tempos mortos innecesarios serán un elemento fundamental á hora de garantir a calidade e a peculiariedade do produto.

 

O transporte, almacenamento e manipulación de produtos primarios no lugar de produción, no mínimo tempo posible, cun escaso proceso de comercialización, é un dos nosos obxectivos, introducíndo o produto  na cadea de frío se é preciso, sen rompela despois, garantíndo  así a conservación do pemento durante todo o seu proceso  productivo dende o campo ata o consumidor final.

 

   

[SUBIR ARRIBA]