|
A Pementeira é unha Sociedade Agrícola de
Transformación dedicada á produción, envasado e
comercialización do Pemento de Herbón e fundada por
23 agricultores/as cunha ampla experiencia neste
cultivo.
O equipo que formamos, constituído na súa maioría
por socios e socias cunha idade media relativamente
nova, é herdeiro dunha sabedoría e tradición que
queremos preservar ao mesmo tempo que poñemos en
marcha mecanismos que nos permitan obter o máximo
rendemento do noso traballo e ofrecerlle aos/ás
nosos/as clientes a mellor calidade.
Con este fin, embarcámonos nun proxecto que
convertemos en realidade no ano 2006, logo dun
proceso no que todos e todas participamos definindo
os nosos obxectivos e a nosa forma de traballo.
Finalmente, no verán de 2008 puxemos en marcha a
nosa Nave de Envasado e saímos ao mercado co nome de
S.A.T. A Pementeira.
Hoxe, grazas a un grupo de interprofesionais
cualificados que nos asesoran para unha xestión
eficaz do cultivo e comercialización dos nosos
pementos, e aos medios dos que dispoñemos, estamos
en condicións de ofrecerlle ao cliente un produto de
primeira calidade e de desenvolver un sistema
eficiente de produción e comercialización.
Esta SAT que decidimos fundar veu a consolidarse
debido ás necesidades do mercado de hortalizas
frescas cada vez máis esixente, así pois tamén
decidimos constituir a Nave de Envasado, que nos
facilitase crear unha Marca diferente e orixinal
que evitase que no mercado se copiase ou se
intentara semellar, tal como estaba ocorrendo
últimamente, co noso producto.
Temos claro que queremos que sexa unha Marca
orientada a conseguir calidade e non cantidade,
debido a que o noso cupo de produción segue a ser
pequeno.
A nosa Marca
Simboloxía da marca:
O nome: principalmente este nome elixiuse de entre
outros, porque ten varios significados.
Primeiramente foi porque unha pementeira é un campo
a pementos. Tamén nos suxire a unha muller
pementeira, figura que representa a muller
traballadora do campo galego, esta figura típica do
campo galego, maioritariamente muller que
tradicionalmente traballaba no campo e logo ía
vender os seus produtos ós mercados galegos.
Xa no Logo, despois de barallar diferentes opcións,
e asesorarnos con profesionais, percatámonos que a
figura principal, tiña que ser unha pementeira, pois
era recurrente a idea da figura feminina recollendo
pementos, queriamos algo representativo do
tradicional pero que fose un logo con rasgos
modernos, e as cores evidentemente tiñan que ser
coas tonalidades verdes.
Os/as socios/as
Produtores/as e Comercializadores:
A S.A.T. A Pementeira non quere ser unha entidade
pechada, nun futuro mantén a idea da incorporación
de novos socios/as, a unha agricultura que é un modo
de vida. Se traballas na produción de Pementos de
Herbón e cumpres os requisitos que marcará, unha vez
aprobada, a D.O. Pementos de Herbón, hai a
posibilidade de ser un novo socio/a.
Estas somos, na actualidade, todas as persoas que
fundamos a S.A.T. A Pementeira:
(Por orden de Socio/a):
1. Milagros Gónzalez Refojo
2. Maria del Pilar Boga López
3. Maria Luisa Tubio Eitor
4. Lidia Martínez Rarís
5. Jose Ramón Dopazo Martínez
6. Peregrina Dios Villaverde
7. Maria del Carmen Pérez Bandín
8. Rosa Maria Pérez Rodríguez
9. Alicia Ramallo Fernández
10. Maria Luisa Vázquez Vázquez
11. Maria del Carmen Rarís Bentrón
12. Rosa Guimarey López
13. María del Carmen García Magariños
14. Begoña Chenlo Gómez
15. Maria Teresa García Boga
16.
José Ramón Magariños Carlés
17. Lucía Diéguez Freire
18. Milagros Piñeiro Freire
19. Maria Teresa Mariño Ozores
20. Rosa Maria Diéguez Raris
21. Marcelino Rarís García
22. Maria Teresa Pérez Blanco
23. Carmen Dios Caldelas

A Directiva
A directiva actual da SAT A Pementeira está
constituída polas seguintes
persoas:
Presidenta: Milagros González Refojo
Secretaria: Mª Teresa Pérez Blanco
Tesoureiro: Marcelino Rarís García
Vocais: Milagros Piñeiro Freire, Rosa
Diéguez Rarís e Begoña Chenlo Gómez.
Este proxecto colectivo de agricultores/as,
constitúese coa premisa dunha nova xeración de
produtores/as que queren producir, envasar e
distribuír calidade, como fin do seu obxectivo
prioritario.
No 2006 adquireu unha parcela no Polígono padronés de Picusa na que se construiu unha nave de 400 metros
cadrados, cunha inversión aproximada de 240.000
euros, iniciais. Este gran paso deuse para poder
acceder a novos mercados e con garantía de calidade.
Cumprindo así os requisitos, como o etiquetado,
situando o Pemento de Herbón – Padrón con outros
produtos con denominación de orixe de modo que o
comprador pagará o producto pero saberá que é o
auténtico, e con garantía de calidade.
Nun principio comezamos por agruparnos para
compartir o envasado, é dicir, cada produtor/a vén
determinado na bolsa da Pementeira. Cada produtor/a
envasa o seu produto, todo dentro da mesma marca,
eso sí garantíndo a súa calidade.
Xa na distribución esta virá determinada pola
demanda , xa que en principio cada produtor/a
venderá o seu propio produto, directamente evitando
intermediarios. Tamén venderá en conxunto, para
poder abastecer os diferentes mercados e aos
distribuidores interesados en comercializar o noso
produto.
|